CHEGOU O DÍA: HOXE ELEXIMOS PRESIDENTE!!!

Pasado o Nadal, por fin chegou o día de culminar o proceso electoral de renovación dos órganos rectores do balonmán galego coa constitución da Asemblea Xeral da Federación e a elección dos membros da súa Comisión Delegada e do Presidente para os vindeiros 4 anos.

Hai menos dun mes, o 27 de novembro, abrimos este blog coa intención de que nos servira de plataforma para expoñer o noso programa e presentar aos membros máis relevantes do equipo que nos acompañará durante o noso mandato á fronte da FGBM.2008 visitas

Coas máis de 2000 visitas recibidas durante este tempo, cremos que esa finalidade cumpriuse con creces. O balonmán galego puido ter acceso a través del ás propostas coas que queremos acadar os obxectivos da nosa candidatura. O balonmán galego puido saber a través del que somos un grupo de persoas inconformistas, desexosas de desenvolver moitas iniciativas. O balonmán galego puido coñecer a través del que existen alernativas e hai xente disposta a tirar adiante, que hai recambios no banco de reservas que poden entrar no terreo de xogo neste momento, especialistas en defensa e en ataque, capaces de recuperar e sair ao contragolpe, para gañar o partido, e de elaborar e culminar xogadas de fantasía das que crean afección. O balonmán galego puido a través del, en suma, ter elementos para contrastar as opcións que aspiramos á presidencia.

Esta entrada fue publicada en ACTUALIDADE ELECTORAL. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario